Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deportivo e Rácing comproban a dureza da Segunda División

Deportivo e Rácing comproban a dureza da Segunda División

O Rácing volve xogar como local recibindo o Granada e o Deportivo visitará o campo do Huesca

G24.gal 19/08/2024 21:50

Despois dunha derrota que deixou a imaxe do reencontro de Lucas e Cazorla, compañeiros no Arsenal, o Dépor xa pensa en redimirse no seguinte partido. Mario Soriano ve ben o equipo malia o resultado, e cre que o xogo dos brancos e azuis vai dar moitas alegrías.

O próximo rival é o Huesca, que sumou tres puntos cun gran Miguel Loureiro. O galego anotou o único gol do partido e foi o MVP, cunha actuación moi seria na que os aragoneses no encaixaron.

Na Malata tamén agardan xa polo seguinte rival. Cun punto no peto, o Rácing xa pensa na visita dun recén descendido como o Granada. As bancadas xa teñen un novo ídolo, Eneko Jauregui. Tralo seu dobrete, o dianteiro quere seguir achegando e conseguir a súa primeira vitoria co Rácing de Ferrol. 

Despois dun empate con tensión e coa dúbida de Nacho, que se mancou nunha costela, os ferroláns queren demostrar a súa valía contra un rival que comezou a liga con derrota, pero que é un dos fortes da categoría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade