Publicador de contidos
Publicador de contidos

Derruban unha vivenda en Vigo para que non volva ser ocupada ilegalmente

Derruban unha vivenda en Vigo para que non volva ser ocupada ilegalmente

A casa, bastante deteriorada, estaba na parroquia de Lavadores

G24.gal 02/05/2024 13:38

A casa da Pexega chamábanlle á vivenda que foi derruída a principios de semana, logo de que os propietarios contratasen a unha empresa de desocupación para que a baleirase. Algúns veciños próximos á casa chegaron a coñecer aos seus últimos habitantes. Consideran que nesta decisión tamén influíu o deteriorado estado do inmoble.

Nunha zona de vivendas unifamiliares ás que case todo o mundo accede en vehículo moitos non se decataron nin da ocupación ilegal nin do movemento de persoas que outros si detectaron. O que si lles chamou a atención foi o estraño enganche eléctrico que tiñan na casa.

Na mesma parroquia de Lavadores, non moi lonxe desta vivenda, o pasado verán un grupo de veciños mobilizouse contra os ocupantes ilegais na subida ao Sello. Un problema que persiste e que lles xeraba malestar e inseguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade