Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desartellada unha 'narcocasa' no barrio ourensán das Eiroás

Desartellada unha 'narcocasa' no barrio ourensán das Eiroás

Os veciños vivían con medo dende hai máis dun mes 

A policía detivo os seus responsables, pendentes de pasar a disposición xudicial 

G24.gal 17/01/2024 15:29

No barrio ourensán de Eiroás os veciños agardan recuperar pouco a pouco a tranquilidade que meses atrás alterara unha narcocasa. Un punto de venda de droga que segundo os veciños estaba funcionando dende o mes de decembro.

Din que dende entón vivían con medo  pola cantidade de toxicómanos que frecuentaban a vivenda.

A tranquilidade chegou onte ao mediodía cando varias patrullas da policía desartellaron este punto de droga e detiveron dous presuntos traficantes. Así e todo, o medo ás represalias segue presente na zona. 

Unha patrulla da Policía Nacional presentouse este mércores no lugar para comprobar os precintos e para facerse cargo dun cadeliño que quedara abandonado na casa. O animal foi acollido temporalmente por unha protectora. Se ninguén o reclama será dado en adopción.

Os dous detidos permanecen arrestados en dependencias policiais á espera de pasaren a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade