Publicador de contidos

Publicador de contidos

Descobren no Arquivo Diocesano de Santiago 35.000 negativos inéditos

Descobren no Arquivo Diocesano de Santiago 35.000 negativos inéditos

Foron feitos por un cura e constitúen un retrato incomparable da vida en Galicia nos anos 70

G24.gal 22/03/2025 13:01

Xestionan cinco séculos de historia, dos arquivos de máis de mil trescentas parroquias. E están afeitos a atopar anécdotas e curiosidades entre toneladas de tomos manuscritos.

Pero para os traballadores do Arquivo Diocesano de Santiago foi unha verdadeira sorpresa atopar entre ese material máis de 35.000 negativos.

Eran fotos, feitas por un cura, Salvador Ares Espada, que fora encargado de facer o inventario dos bens da igrexa e que, quizais sen pretendelo, acabou documentando a forma de vida da Galicia dos 70.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade