Cargando resultados...
Desconvocada a folga da recollida do lixo da Coruña
Desconvocada a folga da recollida do lixo da Coruña
Os traballadores denunciaban o incumprimento do convenio colectivo e recortes no cadro de persoal
G24.gal
23/12/2023 15:28
Última actualización 23/12/2023 16:59
A folga do servizo de recollida do lixo da Coruña que ía comezar a próxima madrugada quedou desconvocada. Tras unha última reunión de once horas entre a concesionaria e os representantes sindicais, finalmente houbo acordo.
Os traballadores denunciaban recortes no cadro do persoal e sobrecarga de traballo, a externalización dalgúns servizos e o incumprimento reiterado do convenio colectivo. O comité de empresa está integrado na súa totalidade por membros do sindicato STL, investigado xudicialmente por presuntos delitos de corrupción entre particulares, branqueo de capitais e estafa.