Desembarcan en Galicia os 'crookies', a larpeirada máis viral nas redes
Desembarcan en Galicia os 'crookies', a larpeirada máis viral nas redes
Chegan da man de Gazteka, empresa galega especializada en comida rápida americana de calidade
Ofrecen un menú a base de burritos e galletas aos que agora se suman os crookies
Os crookies, mestura de croissant e galleta americana, levan meses sendo virais nas redes. Hai dous anos que os creou unha pastelería francesa e agora chegan a Galicia, en concreto a Santiago e A Coruña.
A responsable é Gazteka, unha empresa galega especializada en comida rápida americana de calidade. Para os seus propietarios, a innovación é un dos seus piares como nos conta Rebeca Fernández, reposteira e copropietaria de Gazteka.
Novidades que, por certo, celebran os seus clientes, xa adictos aos crookies.
Fundada hai tres anos, a oferta de Gazteka baséase en burritos e cookies, dúas das comidas que máis lles gustan aos menores de 25 anos. Outro piar fundamental son as materias primas de calidade, neste caso, chocolate belga e manteiga francesa.
Levan dous días facendo crookies e o éxito dos seus primeiros dous sabores, nutella e kinder, é total. Só este venres, este forno leva feito trescentos crookies o que para David García, o outro copropietario, rebordou todas as previsións.
Xa teñen pensado cal vai ser a semana vindeira o próximo sabor: crookie de red velvet, e a clientela promete volver probalo.
Con tanta innovación así é que con tres anos de historia xa están argallando abrir o seu terceiro local, con crookies e as novas tentacións que se lles poñan por diante.