Cargando resultados...
Desmantelado un grupo criminal que introducía billetes falsos
Desmantelado un grupo criminal que introducía billetes falsos
A policía calcula que puxeron en circulación máis de 100.000 euros
A policía calcula que lograron introducir máis de cen mil euros
G24.gal
19/06/2023 09:53
A Policía Nacional desmantelou un grupo criminal que introducía billetes falsos de 200 e 500 euros. Era un clan familiar do que formaban parte catro mulleres.
Accedían a un establecemento e entregaban un billete lexítimo, que os traballadores do local comprobaban. Logo, as mulleres pedían que llo devolvesen, dicindo que as humillaban por poñer en dúbida a autenticidade.
Armaban unha algarada e, finalmente, entregábanlles aos dependentes outra vez o billete, pero xa o falso, que os empregados xa non comprobaban crendo que era o mesmo.
Os investigadores calculan que introduciron deste xeito máis de 100.000 euros só desde setembro do ano pasado.