Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desmantelan en Galicia un grupo de sextorsión que operaba en toda España

Desmantelan en Galicia un grupo de sextorsión que operaba en toda España

Hai catro membros da rede detidos en Ferrol, Oleiros, Teixeiro e O Carballiño e unha orde de detención internacional contra o líder, fuxido na República Dominicana

G24.gal 25/03/2023 11:05 Última actualización 25/03/2023 19:59

Axentes da Garda Civil realizaron unha operación na Coruña que logrou desmantelar un grupo criminal asentado en Galicia que se dedicaba a sextorsión. Ameazaban as vítimas, que eran usuarios de páxinas de contactos sexuais, para lograr cartos polo seu silencio.

As vítimas contactaban cunha muller por medio dunha páxina de contactos sexuais e concertaban unha cita que nunha chegaba a producirse.

Porén, recibían despois graves ameazas polos gastos ocasionados por non presentarse ao encontro. A pesar de que pagaron o que lles pedían, as ameazas nunca cesaban.

Os catro detidos pasaron xa a disposición xudicial e hai unha orde de detención internacional contra o líder da banda, fuxido á República Dominicana. A operación policial denominouse Amaurus.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade