Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desmantelan un grupo dedicado á venda ilegal de cachorros por toda España

Desmantelan un grupo dedicado á venda ilegal de cachorros por toda España

Axentes da Garda Civil detiveron dúas persoas en Cantabria e investigan unha terceira, na operación Pupicas

Serían supostos autores de delitos continuados de malos tratos animais, intrusismo profesional, falsidade documental, branqueo de capitais e grupo criminal

Axente da Garda Civil con algúns dos cachorros requisados
G24.gal 06/07/2024 10:48

A Garda Civil arrestou dúas persoas en Cantabria e está a investigar a unha terceira pola venda ilegal de cachorros de can por toda España.

Dentro da operación denominada Pupicas, practicáronse dous rexistros en Cantabria, nun domicilio e nunha parcela  rural cunha pequena nave, onde se rescataron aos 46 cachorros de can e interveuse documentación.

Os detidos son unha parella, de 35 e 36 anos e residentes en Castro Urdiales, e tamén se investiga a outra muller, como presuntos autores dos delitos continuados de malos tratos animais, intrusismo profesional, falsidade documental, branqueo de capitais e grupo criminal.

A operación arrincou cando a Garda Civil recibiu diferentes denuncias por parte de particulares que, tras a compra dos cachorros en Internet, recibían aos cans con diferentes enfermidades que provocaban o ingreso en centros veterinarios e, nalgún caso, a morte do animal.

A Garda Civil estableceu contactos co Colexio de Veterinarios de Cantabria e comezou unha investigación para aclarar o sucedido. Segundo informa este Corpo nun comunicado, trátase dunha intervención recollida nas actuacións contra os malos tratos animais que realiza a Garda Civil de Cantabria desde o pasado 1 de xuño, enmarcadas no plan de lecer responsable.

Publicidade en Internet

Os axentes comprobaron que os detidos publicitaban a venda dos cachorros en Internet. Para iso achegaban cartillas sanitarias do Colexio de Veterinarios de Cáceres e Badaxoz falsos e vacinaban aos animais sen ningún tipo de supervisión profesional.

Ademais, as vendas formalizábanse sen factura. Na fase de explotación houbo dous rexistros nos que se rescataron un total de 46 cachorros: dous chihuahuas, 16 caniches, seis border collies e 22 teckel.

Interviñéronse diferentes cartillas sanitarias falsificadas do Colexio de Veterinarios de Cáceres e Badaxoz, vacúas e xiringas con agulla, así como diversos medicamentos, e un selo que se utiliza para a selaxe da referida documentación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade