Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desmantelan un punto de venda de droga coa detención dun veciño da Pobra

Desmantelan un punto de venda de droga coa detención dun veciño da Pobra

A operación da Garda Civil de Boiro rematou co envío do arrestado ao cárcere

Os axentes incautáronse de dez quilos de pole de haxix e 156 doses de cocaína

 

Material incautado na Pobra na operación Material incautado na Pobra na operación "Hood Rebour" / Garda Civil
G24.gal 12/11/2022 12:21

A Garda Civil de Boiro detivo un veciño da Pobra do Caramiñal na operación Hood Rebour, na que desmantelou un importante punto de venda de substancias estupefacientes nesta mesma localidade.

A operación iniciouse tras coñecer a posible existencia dun punto de venda de drogas a pequenos vendedores da Pobra. Tras identificar unha das persoas que supostamente fornecía destas substancias a pequenos vendedores, os efectivos da unidade lograron interceptala na localidade mentres realizaba unha transacción de drogas con outro home.

A Garda Civil procedeu á detención do home como suposto autor dun delito contra a saúde pública, ao localizar no rexistro das súas pertenzas 900 dose de pole de haxix e 2.810 euros en moeda fraccionada. Ademais, no rexistro dunha vivenda atoparon 9.285 gramos de pole de haxix en pastillas preparadas para vender, 156 doses de cocaína e 240 euros en moeda fraccionada.

O detido, xunto co informe das actuacións realizadas, as substancias e o efectivo atopado, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución nº 2 de Ribeira, que decretou o seu ingreso en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade