Publicador de contidos
Publicador de contidos

Despedimos o segundo outono máis cálido en 61 anos

Despedimos o segundo outono máis cálido en 61 anos

Pechamos un outono húmido, logo de encadear períodos máis secos do habitual dende o inverno de 2021

G24.gal 21/12/2022 16:51

Esta noite ás 22:48 comeza o inverno, e segundo a Aemet vai ser tamén máis cálido do normal.

E é que se falamos de temperaturas, hoxe pechamos o segundo outono mais cálido dende 1961, nun ano que se prevé que quede de 5º ou 6º máis caloroso dende 1850.

Moitas precipitacións, pero aínda temos déficit de auga

En canto ás precipitacións, estamos dentro da normalidade, malia que aínda acumulamos un déficit de auga do 18 por cento este ano.

35 graos e medio de máxima en setembro, máis de 30 en outubro e 24 en Ribadeo no mes de novembro. O outono meteorolóxico foi anormalmente cálido tamén en Galicia.

A media estivo 1,6 graos por riba do habitual, e notámolo.

Pechamos, por fin, un outono húmido, logo de encadear períodos máis secos do habitual dende o inverno de 2021.

As chuvias chegaron a partir de outubro e foi no terzo occidental onde choveu por riba da media, dúas veces e media máis. Con todo, aínda falta auga en Galicia. 

Tamén prevé un Nadal pasado por auga e, xa con vistas ao inverno que comeza, dende a Aemet contan que sigamos con temperaturas máis cálidas do habitual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade