Cargando resultados...
Desprendementos de terra e pedras poñen en perigo aos que circulan pola AC-566
Desprendementos de terra e pedras poñen en perigo aos que circulan pola AC-566
Protestan polo resultado das obras de melloras viais e pola falta de sinalización
G24.gal
11/01/2023 14:43
Continuos desprendementos que provocan saídas de vía e poñen en perigo os condutores que circulan en dirección Cedeira. É o que denuncian os veciños de Pantín, en Valdoviño, que culpan da situación á mala execución dunhas obras na AC-566.
Protestan tamén pola falta de sinalización. Unhas queixas que se suman ás que xa deron hai catro meses, cando remataron na zona as melloras viais. Din que desde entón, os veciños de Pantín quedaron illados.
Porén de todo isto, o que máis lles amola son os derrubamentos de terra e pedras de distintos tamaños do noiro cara á estrada porque temen que calquera día se produza un dano irreparable.