Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desvían dous voos ao aeroporto de Santiago pola néboa en Alvedro

Desvían dous voos ao aeroporto de Santiago pola néboa en Alvedro

Tras varias manobras de aproximación, os avións, procedentes de Barcelona e Madrid, tiveron que facer a aterraxe no Rosalía de Castro

G24.gal 19/03/2024 10:33 Última actualización 19/03/2024 11:00

Varios voos tiveron que ser desviados ao aeroporto Rosalía de Castro de Santiago, na Lavacolla, pola densa néboa presente no aeródromo coruñés de Alvedro.

Concretamente, foron un voo procedente de Barcelona, un operado por Vueling, que tiña a súa chegada prevista ás 8:30 horas, e outro con orixe en Madrid da compañía Iberia e de chegada estimada ás 8:40 horas.

Tras varias manobras de aproximación a Alvedro, foron desviados ao aeroporto da capital galega.

Consecuentemente os mesmos voos que debían engalar desde Alvedro facendo as rutas contrarias víronse afectados polas condicións meteorolóxicas adversas. No caso do voo a Madrid, os viaxeiros tiveron que ser trasladados á Lavacolla e realizar desde alí a viaxe, e no que respecta aos de Barcelona, saíron do aeródromo coruñés con algo máis dunha hora de atraso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade