Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detectan un aumento da lebre mar no Barbanza, nas zonas de marisqueo

Detectan un aumento da lebre mar no Barbanza, nas zonas de marisqueo

Está nas zonas de concentración da alga verde, o seu alimento, pero as mareas vivas arrastraron exemplares ata as praias

A aplysia puntata ten un aspecto xelatinoso pero é inofensiva e non é tóxica

G24.gal 20/09/2024 14:05

Na imaxe vese unha aplysia puntata, unha babosa de mar cunha infinidade de nomes máis vulgares que fan referencia ao seu aspecto viscoso. No Barbanza, coñécense como lebres de mar.

"É unha cousa xelatinosa, parecida a un caracol sen concha pero non ten inconveniente", explica José Antonio Pérez, o patrón maior de Ribeira.

Son desagradables ao tacto, pero nin perigosas nin tóxicas. O habitual é que aparezan nas zonas onde se concentra máis alga, o seu alimento, pero dentro da auga, en zonas de marisqueo.

O patrón maior confirma que os mariñeiros están detectando que se ve máis cantidade, máis grandes. Víanse as zonas onde estaban comendo esa alga, ese argazo ao que nos lle chamamos leituga de mar, esa alga verde. Vían moitísimos manchóns onde faltaba esa alga porque a están comendo".

Estes días, coas mareas vivas, puidéronse ver exemplares tamén en seco, entre esas masas de alga que o mar deixou ao descuberto, pero descoñécese por que hai máis cantidade.

"Pode ser pola temperatura da auga pero é unha especie autóctona, de aquí", asegura Pérez.

En caso de atopalas na area, recomendan devolvelas ao mar antes de que se sequen. Pódense coller na man sen medo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar