Deteñen catro persoas na provincia de Pontevedra nunha operación contra o narcotráfico
Deteñen catro persoas na provincia de Pontevedra nunha operación contra o narcotráfico
Os axentes incautáronse de sete quilos de cocaína e de 18 de haxix
Houbo rexistros en Caldas, Ribadumia e no concello lucense de Monterroso
Dun total de sete quilos de cocaína e de 18 de haxix incautáronse nunha operación contra o tráfico de drogas despregada na zona do Salnés, con rexistros en Caldas, Ribadumia e no municipio lucense de Monterroso.
Segundo informaron fontes próximas á investigación consultadas por Europa Press, a operación, denominada Horda, foi levada a cabo por efectivos da UDYCO de Pontevedra.
No marco deste operativo fixéronse un total de catro rexistros nas localidades de Caldas e Ribadumia e mais no municipio lucense de Monterroso.
No balance provisional, ademais, figura a incautación de 140.000 euros en efectivo, tres vehículos, varios teléfonos móbiles e diversa documentación.