Deteñen en Madrid un membro da mafia en busca e captura desde fai 20 anos
Deteñen en Madrid un membro da mafia en busca e captura desde fai 20 anos
Fugouse e evitou cumprir unha condena a cadea perpetua por asasinato
A operación policial para detelo iniciouse en 2017
A Policía Nacional detivo en Galapagar un mebro da organización mafiosa Stidda en busca e captura desde fai 20 anos.
Usaba a identidade dun individuo próximo ao seu círculo que reside en Italia e que xa denunciara o roubo dos seus documentos persoais. Así residiu en Alemaña, Barcelona, Palma de Mallorca e Tenerife.
O agora detido evadiuse do cárcere e evitou cumprir a condena de cadea perpetua por un asasinsto cometido en 1989.
O arresto é froito dunha longa investigación iniciada en 2017 pola UDYCO en colaboración ca rede europea ENFAST, de busca activa de fuxitivos.
Non é a primeira vez que o deteñen en España. En 1998 a polcía detívoo en Barcelo,a Catro anos máis tarde, fugouse de prisión.