Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen nos Estados Unidos a El Mayo Zambada, líder histórico do cártel de Sinaloa

Deteñen nos Estados Unidos a El Mayo Zambada, líder histórico do cártel de Sinaloa

Canda el caeu un fillo do Chapo Guzmán que puido colaborar no operativo policial

Entrega ou delación dos fillos do outro cofundador do cártel?

G24.gal 26/07/2024 20:06 Última actualización 26/07/2024 20:25

El Mayo Zambada, cofundador e actual xefe do poderoso cártel de Sinaloa, ten 76 anos e na súa longa historia como narcotraficante nunha fora detido.  Prendérono nunha operación encuberta dos Estados Unidos que puido contar coa colaboración dos fillos do Chapo Guzmán.

Unhas fontes apuntan a unha entrega voluntaria, pero outras a unha delación dos Chapitos. Segundo esta outra hipótese subiu enganado a un avión con Joaquín Guzman pensando que ía cara ao sur de México, pero que aterrou  nun aeroporto privado de Texas onde ambos foron detidos.

A detención iría acompañada da obtención de beneficios penitenciarios e incluso a liberación de Ovidio Guzmán, outro fillo do Chapo. O anterior xefe do cártel de Sinaloa puido ser condenado a cadea perpetua nos Estados Unidos polo testemuño do fillo do seu socio e confundador do cártel de Sinaloa agora detido.

Na súa declaración ante un xuíz de primeira instancia de Texas declarouse inocente dos cargos de narcotráfico e branqueo de capitais polos que o reclama hai décadas Estados Unidos.

Os movementos xudiciais sacarán luz sobre a realidade das circunstancias da  caída en desgracia do Mayo Zambada. México apurouse a desmentir que soubese nada do operativo para evitar unha guerra nas rúas como a que producira a detención e extradición dun dos fillos do Chapo Guzmán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade