Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un condutor que se fuxiu tras atropelar unha anciá nun paso de peóns

Deteñen un condutor que se fuxiu tras atropelar unha anciá nun paso de peóns

A muller atravesaba a calzada cun andador na travesía da localidade granadina de Guëvéjar

Unha cámara de tráfico captou o incidente o que permitiu localizar o condutor

Momento do atropelo que captan as cámaras de Tráfico de Güevejar
G24.gal 25/08/2024 14:01

Os axentes da Garda Civil de Tráfico puxeron a disposición xudicial a unha persoa como suposta autora dos delitos de condución temeraria, abandono do lugar do accidente e lesións por imprudencia, tras atropelar unha anciá nun paso de peóns e fuxir.

O home investigado arrollou a unha muller de 87 anos co seu vehículo cando cruzaba polo lugar habilitado co seu andador. Evacuárona a un hospital con feridas graves.

O sinistro produciuse no quilómetro 5,200 da GR-3424, na travesía da localidade granadina de Güevéjar. O condutor circulaba de xeito temerario polo carril esquerdo cando atropelo á anciá e lonxe de parar e prestarlle auxilio á muller con feridas graves, fuxía da zona.

A muller era perfectamente visible no momento do accidente co seu andador. De feito o home activa os freso do turismo pero apenas reduce a velocidade do coche que impacta contra a muller e provoca a caída na calzada.

Tras visionsar as cámaras de control de tráfico e tomarlle declaración ás testemuñas logrouse descubrir a matrícula do vehículo e identificar o condutor. A muller ingresou en neurotraumatoloixía do Hospital de Granada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade