Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un home en Guntín acusado de matar a seu pai

Deteñen un home en Guntín acusado de matar a seu pai

Os axentes detiveron o suposto agresor sen que opuxese resistencia

G24.gal 12/01/2024 17:09 Última actualización 12/01/2024 20:48

Un tráxico suceso interrompeu a tranquilidade que adoita haber na parroquia de Entrambasaugas, no lugar de Martín, contra ás catro da tarde. 

Un familiar foi quen deu aviso do suposto parricidio, un fillo de 46 anos de idade matara o seu pai de 76 anos no domicilio que compartían cunha arma de fogo. Os axentes chegaron deseguido e detiveron o suposto agresor sen que opuxese ningunha resistencia. 

A Policía Xudicial estivo traballando varias horas na escena do crime. Fontes da investigación sinalaron que o disparo efectouse cunha escopeta de caza e que o detido atópase a tratamento psiquiátrico.

Ao lugar dos feitos trasladáronse o médico forense e o xuíz de garda para proceder ao levantamento do cadáver. O detido permanece no cuartel da Garda Civil e será trasladado posteriormente á comandancia de Lugo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade