Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un menor de 17 anos e unha muller de 18 acusados de acoitelar un mozo nas festas de Palmeira

Deteñen un menor de 17 anos e unha muller de 18 acusados de acoitelar un mozo nas festas de Palmeira

A Policía Local de Ribeira trasladou de urxencia á vítima ata o Hospital do Barbanza nun dos seus coches patrulla sen agardar a chegada da ambulancia para que recibira asistencia

O agredido presentaba cortes no abdome e nunha perna

Vehículo da Policía Local de Ribeira/Arquivo Vehículo da Policía Local de Ribeira/Arquivo
G24.gal 11/08/2024 12:58

Unha liorta con varios mozos implicados derivou a madrugada deste domingo nun acoitelamento a un menor de 17 anos durante as festas de Palmeira.

O rapaz sufriu cortes no abdome e nunha perna causados por unha arma branca. Varias testemuñas do suceso avisaron aos servizos de emerxencias e ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Nacional e da Local de Ribeira. Sucederon os feitos pouco antes das tres e media da madrugada.

Ata o lugar mobilizáronse ademais das patrullas policiais, unha ambulancia de Soporte Vital Básico cun equipo médico.

Axentes da policía Local de Ribeira decidiron trasladar ao ferido nun dos seus turismos patrulla directamente ao hospital da Barbanza, xa que a ambulancia solicitada tiña que chegar de Boiro.

As feridas do mozo, conforme distintas fontes consultadas, non parecen revestir unha especial gravidade.

Nunha operación policial conxunta, tras a denuncia dos feitos, os axentes lograron a detención dos supostos autores. Son un menor de 17 anos e unha muller de 18, trasladados aos calabozos da comisaría.

O  suceso causou unha gran conmoción e preocupación en Palmeira, Ribeira e nas proximidades, xa que se estaban a celebrar as festas de verán da localidade con grande afluencia de mozos na zona da Casa do Mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade