Deteñen un veciño de Entrimo con armas e un laboratorio de drogas caseiro
Deteñen un veciño de Entrimo con armas e un laboratorio de drogas caseiro
Os axentes da Policía requisáronlle cocaína, marihuana, haxix e varias armas de fogo e brancas
O sospeitoso arrestado na operación Furancho ten 33 anos
Axentes do Grupo de Drogas e da Unidade de Prevención e Reacción da Comisaría Provincial de Ourense detiveron na localidade ourensá de Entrimo un home como presunto autor dun delito contra a saúde pública e de tráfico ilícito de armas.
O detido ten 33 anos e no rexistro do seu domicilio os investigadores localizaron un laboratorio caseiro e incautáronse de 53 gramos de cocaína, 263 g de marihuana e 78 g de haxix, ademais de 3 básculas de precisión, 745 euros en efectivo, dous teléfonos móbiles, unha pistola, un revólver, tres navallas e 3 coitelos arreboladizos.
A actuación enmárcase na denominada operación Furancho da Policía Nacional. A investigación, iniciouse o ano pasado, ao ter coñecemento da presenza dun home que se dedicaba ao tráfico de drogas na zona de Entrimo.
O detido e os efectos intervidos foron postos a disposición xudicial.