Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen unha muller en Alacante acusada de matar o fillo de dous anos

Deteñen unha muller en Alacante acusada de matar o fillo de dous anos

Un xemelgo do neno falecido presentaba tamén golpes

G24.gal 14/06/2022 21:48 Última actualización 15/06/2022 09:02

Axentes da Garda Civil detiveron unha muller acusada de matar o fillo de dous anos na localidade alacantina de Bigastro.

O menor faleceu o pasado sábado debido a diversos hematomas na cabeza.

Nun primeiro momento, a nai asegurou que o seu fillo levara un golpe accidentalmente cunha mesa. Ao ser trasladado ao hospital, comprobouse que presentaba varias fracturas. A autopsia do bebé falecido confirmou que foi unha morte violenta e que xa tiña lesións anteriores.

O outro fillo da muller, irmán xemelgo da vítima, tamén foi trasladado ao centro hospitalario. 

A nai foi ingresada inicialmente na planta de Psiquiatría do Hospital de la Vega Baixa por un intento de suicidio. A muller recibiu xa a alta hospitalaria e está detida baixo acusación dun delito de homicidio e outro de lesións no ámbito familiar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos