Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen unha muller en Santiago con máis de 5.000 doses de heroína

Deteñen unha muller en Santiago con máis de 5.000 doses de heroína

A policía dá por desactivada unha das maiores provedoras de heroína a pequena escala na capital galega

G24.gal 10/10/2023 10:52

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Santiago de Compostela detiveron unha muller, á que comisaron máis de 5.000 doses de heroína, investigada por un suposto delito contra a saúde pública.

As investigacións iniciáronse o pasado setembro, e concluíron coa localización e detención da sospeitosa, que frecuentaba algúns "puntos negros" na cidade, cando circulaba nun vehículo. Ao rexistrar o coche, atopouse a droga entre as súas pertenzas e no maleteiro. Con esta actuación, a Policía dá por desactivada a unha das maiores provedoras de heroína a pequena escala en Compostela.

A Policía lembra que os cidadáns teñen á súa disposición diferentes medios (o teléfono 091 ou a web www.policia.es, entre outros) para denunciar este e outros tipos de delitos de forma anónima, ou para achegar datos de interese para os investigadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade