Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detida a muller do home que apareceu morto con signos de violencia en Paderne

Detida a muller do home que apareceu morto con signos de violencia en Paderne

O corpo da vítima apareceu o pasado 20 de xaneiro 

A muller ingresou en prisión provisional, acusada dun presunto delito de homicidio

G24.gal 07/03/2023 10:39 Última actualización 07/03/2023 16:09

A Garda Civil detivo a muller do home que apareceu morto con signos de violencia na parroquia de Velouzás-Paderne (A Coruña) o pasado 20 de xaneiro. O arresto produciuse hai unha semana, pero transcendeu esta mesma mañá.

O falecido convivía coa súa muller, pero apenas se relacionaba coa veciñanza. Segundo informa o Instituto Armado nun comunicado, a vítima "levaba unha vida sinxela e illada da xente".

As pescudas iniciáronse tras aparecer o corpo do home con signos de violencia na parroquia de Velouzás. Foron os seus veciños os que deron a voz de alarma ao non saber de ningún dos dous durante días. Cando os axentes chegaron ao domicilio atoparon o cadáver, que presentaba sinais de violencia. Apareceu na cama e con varios golpes na cabeza. A Policía Xudicial fíxose cargo da investigación. Non constaban denuncias por malos tratos nin violencia doméstica entre os dous.

As pescudas e a autopsia permitiron relacionar a muller coa morte violenta do home. O mércores 1 de marzo foi detida, acusada dun presunto delito de homicidio.

A  titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos decretou para ela prisión provisional, comunicada e sen fianza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade