Cargando resultados...
Detida a nai do bebé de oito meses topado morto en Zaragoza
Detida a nai do bebé de oito meses topado morto en Zaragoza
SOS Desaparecidos activara este venres unha alerta para tratar de atopar a muller e o seu fillo
O lugar onde apareceu o cadáver. EFE/Javier Cebollada
G24.gal
25/02/2024 18:26
Última actualización 25/02/2024 18:39
Detida a nai do bebé de oito meses topado morto este domingo nas proximidades da antiga estación do Portillo de Zaragoza.
O Grupo de Homicidios e o de Desaparecidos están a investigar as causas desta morte, para a que se decretou segredo de sumario, segundo informaron fontes da Policía Nacional.
A Asociación SOS Desaparecidos activara este venres unha alerta para tratar de atopar a Tatiana Diguele Núñez, unha moza de 31 anos, e o seu bebé de 8 meses.