Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detida unha persoa en Pontevedra por distribuír pornografía infantil a través de Internet

Detida unha persoa en Pontevedra por distribuír pornografía infantil a través de Internet

Na operación foron arrestadas outras cinco persoas nas provincias de Madrid, Málaga, Baleares, Guadalaxara e Valencia 

A Policía Nacional dá por concluída unha investigación iniciada en 2020

G24.gal 14/03/2023 12:22

A policía detivo seis persoas en España por distribuír pornografía infantil a través dun coñecido servizo de mensaxería web. Un dos arrestos practicouse en Pontevedra. Os outros cinco en Madrid, Málaga, as Baleares, Guadalaxara e Valencia.

No domicilio inspeccionado en Baleares, os axentes interviñeron material informático con gran cantidade de imaxes de explotación sexual infantil. O arrestado compartía arquivos con outros individuos a través de aplicacións de mensaxería. Foi a través del como conseguiron tirar do fío e identificar e deter aos demais implicados.

A investigación iniciouse en 2020 cando a Policía recibiu información desde la Embaixada dos Estados Unidos de América en España relativa á presunta comisión de varios delitos de distribución e posesión de material de explotación sexual infantil. Deron co material grazas ás denuncias realizadas a través do Centro Nacional para Menores Desaparecidos e Explotados (NCMEC) dos EUA.

Nos rexistros domiciliarios, os axentes interviñeron cinco ordenadores portátiles, 10 teléfonos móbiles, 19 dispositivos de almacenamento, catro cámaras, material fotográfico e documentación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade