Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidas sete persoas en Bueu ao desarticularse un grupo de distribución de droga

Detidas sete persoas en Bueu ao desarticularse un grupo de distribución de droga

O principal dirixente ingresou en prisión e seis quedaron en liberdade con cargos

A organización tiña un "dominio absoluto do mercado" na localidade de Bueu e arredores 

G24.gal 10/10/2023 19:17

A Garda Civil Pontevedra desarticulou un grupo dedicado á venda e distribución de cocaína e heroína na zona do Morrazo dirixido desde a localidade de Bueu e detivo sete persoas.

As investigacións iniciáronse a mediados do ano 2022, cando os axentes da Garda Civil, froito da análise da información sobre a distribución e subministración de droga, tiveron coñecemento das actividades deste grupo.

Segundo explicou o corpo, esta organización tiña un "dominio absoluto do mercado" na localidade de Bueu e arredores. A explotación da operación deu comezo o pasado día 4; efectuáronse rexistros nas localidades de Cangas e Bueu, en que participaron outros compoñentes, como o Equipo EBIO de Pontevedra e o Servizo Cinológico da Comandancia.

Durante estas actuacións, foron intervidos 1.500 gramos de cocaína, 1.200 gramos de heroína, básculas de precisión, diferentes substancias de corte para a súa elaboración, unha envasadora ao baleiro, móbiles, un turismo, un automóbil e 65.000 euros en efectivo.

Dos sete detidos, seis con antecedentes policiais, a autoridade xudicial decretou o ingreso en prisión de un (o principal dirixente do grupo), e seis quedaron en liberdade con cargos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade