Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidas dezaoito persoas vinculadas cunha banda latina pola liorta de Madrid

Detidas dezaoito persoas vinculadas cunha banda latina pola liorta de Madrid

Oito delas son menores de idade e tamén hai dúas mulleres

Na pelexa houbo catro feridos a coiteladas, tamén arrestados

Os servizos de emerxencia no lugar dos feitos Os servizos de emerxencia no lugar dos feitos
G24.gal 30/04/2023 08:42 Última actualización 30/04/2023 09:44

A Policía detivo dezaoito persoas, que vincula coa banda latina Dominican Don't Play (DDP), pola liorta ocorrida na madrugada do sábado no barrio madrileño de Aluche, entre elas as catro que resultaron feridas a coiteladas. Oito son menores e hai dúas mulleres.

As forzas de seguridade requisáronlles seis armas supostamente implicadas na pelexa: tres armas brancas, dous coitelos de cociña e unha navalla de bolboreta, ademais dunha funda de machete.

Á espera de determinar se poden ser membros dos DDP ou simpatizantes, están acusados de participar nunha rifa tumultuaria na porta da discoteca París da rúa Escalona, no distrito da Latina.

A Policía recibiu sobre as catro da mañá deste sábado varios avisos pola pelexa e cando chegou as testemuñas relataron que dous grupos se enfrontaran con armas brancas e logo dispersáranse. Os axentes localizaron os presuntos participantes na contorna, catro deles feridos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade