Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido en Avión un mozo de 28 anos por catro roubos cometidos en casas baleiras

Detido en Avión un mozo de 28 anos por catro roubos cometidos en casas baleiras

O material subtraído apareceu no seu domicilio

 

G24.gal 14/12/2023 09:08

A Garda Civil detivo un mozo de 28 anos no concello de Avión como presunto autor de catro roubos con forza cometidos nos últimos dous anos.

No rexistro da vivenda do arrestado, os axentes atoparon o botín: xoias, cartos en efectivo, bicicletas, televisores e ata dúas carabinas de aire comprimido. 

O valor do material apreixado supera os 54.000 euros. Os asaltos sempre os cometía en casas baleiras. O detido foi posto á disposición xudicial do Xulgado de Instrución de Ribadavia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade