Deteñen en Francia con 713 quilos de cánnabis un camioneiro de Castroverde que a familia cría desaparecido
Deteñen en Francia con 713 quilos de cánnabis un camioneiro de Castroverde que a familia cría desaparecido
Deteñen en Francia con 713 quilos de cánnabis un camioneiro de Castroverde que a familia cría desaparecido
A droga comisada foi valorada en sete millóns de euros
A muller levaba dúas semanas pedindo axuda nas redes para localizalo
O camioneiro foi condenado a seis anos de cadea nun xuízo rápido
A súa muller levaba dúas semanas nas redes pedindo axuda. Este veciño de Tórdea, en Castroverde, marchara supostamente cara a Holanda levando unha carga no seu camión. Para sorpresa da súa familia, nas últimas horas coñecíase que está nun cárcere de Aviñón, en Francia.
O home foi detido nun control de aduanas. Declarou que levaba palla a Nápoles, pero os axentes sospeitaron e na inspección descubriron varias caixas con 713 quilos de pole de cánnabis, valorados en sete millóns de euros. A nova causou sorpresa entre a veciñanza.
O home ten 43 anos, é portugués e levaba anos vivindo en Tórdea coa súa muller e fillos. No momento da detención díxolles aos axentes que pensaba que levaba chocolate. Pero ante a gravidade dos feitos foi sometido a un xuízo rápido e ingresou no cárcere para cumprir seis anos de cadea. En Castroverde din que ultimamente abrira varias tendas de froita.
Outros veciños prefiren non dar a cara e din que o detido xa fora condenado pola Audiencia Provincial de Lugo a tres anos de cadea por abusar sexualmente dunha das súas fillas.