Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido en Málaga o histórico narco do haxix que escapou dun centro de inserción da Coruña

Detido en Málaga o histórico narco do haxix que escapou dun centro de inserción da Coruña

A Policía detivo a Anselmo Sevillano Amaya en Estepona tras unha persecución a gran velocidade por estradas malagueñas

Anselmo Sevillano, nunha das súas detencións / Arquivo Anselmo Sevillano, nunha das súas detencións / Arquivo
G24.gal 15/04/2023 17:55

Axentes da Policía Local de Marbella e Estepona capturaron un histórico narcotraficante orixinario de Huelva e que estaba en busca e captura tras fuxir nun permiso dun centro de inserción da Coruña onde estaba a cumprir condena.

Trátase de Anselmo Sevillano Amaya, que está considerado como un dos maiores capos do haxix de Europa. Sorprendérono na tarde deste venres cando conducía un vehículo Mercedes C 220 con matrícula alemá de cor gris polas rúas de Marbella (Málaga).

Tras dárenlle o alto os axentes, o condutor emprendeu a fuxida a gran velocidade en dirección á localidade veciña de Estepona.  A Policía Local do municipio recibiu o aviso dos seus compañeiros marbellís para que os apoiasen na persecución.

O coche foi finalmente interceptado no carril de acceso a Guadalmansa, onde unha unidade de Policía Local de Estepona cortou a vía e os axentes que o perseguían lograron detelo.

Permanecía  fuxido desde o mes de marzo. Cumpría condena no cárcere de Córdoba cando lle concederon un terceiro grao, tras presentar un contrato de traballo na Coruña, e trasladárono ata Galicia.

Residía no Centro de Inserción Social da Coruña desde o 2 de febreiro e polo seu traballo como chofer, contrato do que investigan a súa veracidade, tiña permiso para saír a traballar durante o día, pero debía volver durmir ao centro pola noite; cousa que pasadas unhas semanas non cumpriu e activouse unha orde de busca e captura que finalmente deu os seus froitos.

A última das súas detencións foi en 2011, cando foi apresado na súa vivenda de Málaga e condenado a 14 anos de prisión por narcotráfico.

Esa pena sumábase a outras condenas que tiña pendentes con anterioridade por tráfico de haxix, co que a súa data de saída do cárcere sería o ano 2029.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade