Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido en Pontevedra no marco dunha operación contra a pornografía infantil

Detido en Pontevedra no marco dunha operación contra a pornografía infantil

Hai quince arrestados en toda España

Ao home detido en Pontevedra comisáronlle vídeos e fotografías de contido pedófilo

G24.gal 02/04/2024 12:57

A Policía Nacional detivo 15 persoas en varias provincias españolas acusadas dun presunto delito de pornografía infantil. A operación desenvolveuse en colaboración cos EUA. Iniciouse cando os axentes especializados da Unidade Central de Ciberdelincuencia recibiron información relacionada coa explotación sexual de menores en Internet, por parte do Departamento de Seguridade Interior dos Estados Unidos e o Centro Nacional para Nenos Desaparecidos e Explotados (NCMEC).

Unha vez recibidos estes datos, os axentes analizáronos e sometéronos a procesos de intelixencia para detectar os casos máis graves e aqueles que, a pesar de ter datos diferentes, pertencen ao mesmo individuo. Neste caso, detectouse a 15 individuos diferentes, todos eles por gardar imaxes na nube.

Ao home arrestado en Pontevedra os axentes interviñéronlle 44 vídeos e cinco fotografías de contido pedófilo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade