Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido no Milladoiro por un suposto delito contra a propiedade industrial

Detido no Milladoiro por un suposto delito contra a propiedade industrial

A Garda Civil atopou unhas 900 pezas de roupa falsificadas cun valor de mercado arredor de cen mil euros no seu establecemento

G24.gal 09/08/2022 15:29

A Garda Civil detivo un home no Milladoiro por atentar contra a propiedade industrial. As forzas de seguridade apresaron case cen mil euros en roupa falsificada no seu establecemento.

Os feitos sucederon a raíz dunha denuncia interposta por unha empresa con sede en Majadahonda, Madrid, que ten de varias marcas de alto prestixio. Cando os axentes rexistraron o establecemento atoparon preto de 900 pezas de roupa falsas e procederon á detención. O home xa pasou a disposición xudicial.

Unha gran parte das pezas de roupa falsificadas rematan nos mercados. Aínda que se montan durante todo o ano, no verán collen máis pulo grazas ao turismo e un clima que adoita acompañar para pasear ao aire libre. Moitos visitantes son conscientes de que pode haber mercancía ilegal.

Por suposto non en todos os mercados hai roupa falsificada, a maioría dos compradores veñen na procura de téxtil máis barato e outras gangas. 

No que todos coinciden é no económico dos mercados, xa sexa na roupa ou noutros produtos de alimentación, un paseo que podemos comparar cos pementos de Padrón, porque aquí tamén... uns pican e outros non.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade