Detido o home que atacou cunha machada catro persoas no porto de Eivisa
Detido o home que atacou cunha machada catro persoas no porto de Eivisa
Unha das vítimas permanece en estado grave tras recibir un machadazo na cabeza
A Policía Nacional detivo por intento de homicidio o home que atacou na noite deste sábado cunha machada catro persoas no porto de Eivisa e deixou unha delas ferida de gravidade.
Os axentes desprazados ao lugar do suceso tiveron que empregar un inmobilizador eléctrico para reducir o atacante, informou o corpo este domingo nun breve comunicado.
Os feitos ocorreron ás 23:15 horas cando o detido, mariñeiro dun dos barcos que unen as illas de Eivisa e Formentera, atacou cunha machada varios tripulantes, entre eles o capitán da embarcación.
Dos catro feridos, un atópase grave. É un home de 65 anos que recibiu un machadazo na cabeza e que ten unha ferida duns oito centímetros desde a “zona occipital ao pavillón auricular esquerdo”, especificou o 061.
A Policía Nacional abriu unha investigación para tentar esclarecer as causas deste suceso.