Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un veciño de Malpica por 17 roubos en zonas de praia e esquecer o móbil nun deles

Deteñen un veciño de Malpica por 17 roubos en zonas de praia e esquecer o móbil nun deles

Uns días despois denunciou que llo roubaron do seu propio coche, o que simulou ao romper un cristal

G24.gal 21/04/2023 10:04

A Garda Civil detivo un home por 17 roubos en zonas de praia da área da Coruña e esquecer o teléfono móbil nun deses feitos, tras o que denunciou a súa subtracción.

O detido, residente en Malpica, está investigado por 17 supostos delitos de roubo con forza e unha presunta simulación de delito.

A investigación da operación Vilaneo empezou en xaneiro por mor de varios roubos con forza en vehículo na zona do Seixo Branco, unha zona de recreo preto de Mera en Oleiros, que é moi tranquila, polo que houbo alarma social, segundo relata a Garda Civil.

En total, houbo 12 roubos en vehículos no Seixo Branco, ademais dun roubo con forza nunha farmacia de Dorneda, outro roubo nunha cafetería de Mera e outros 3 en vehículos Caión, na Laracha.

Nun deses roubos, o detido deixou esquecido o seu teléfono móbil, pero uns días despois denunciou que llo roubaron do seu propio coche, o que simulou ao romper un cristal deste.

Ese feito, xunto a testemuñas presenciais e o seguimento do seu vehículo, permitiu a súa detención, que non é a primeira por feitos similares, pois conta con numerosos antecedentes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar