Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido por agredir un médico do HULA que se negara a darlle un medicamento

Detido por agredir un médico do HULA que se negara a darlle un medicamento

Foi necesaria a intervención de cinco vixilantes para reducir o agresor 

É xa a segunda agresión do verán, e o persoal reclama medidas para evitar incidentes 

O médico foi agredido en urxencias do Hospital Lucus Augusti
G24.gal 01/09/2023 13:50

Chegou a Urxencias, pediulle ao médico que lle dese un medicamento e, ante a súa negativa, agrediuno e provocou danos no mobiliario do despacho. Ocorreu no Hospital Lucus Augusti. O facultativo sufriu lesións nunha man e nun ombreiro

O persoal do HULA di que é a segunda agresión do verán neste hospital, e que os incidentes son frecuentes. Neste caso o paciente era xa coñecido por protagonizar situacións conflitivas. O persoal cre que son necesarias medidas para evitar incidentes deste tipo.

Neste incidente foi necesaria a intervención de ata cinco vixilantes de seguridade, que reduciron o agresor ata que chegou a Policía e procedeu á súa detención.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade