Detido un home en Pantón por disparar ao aire e ameazar os veciños
Detido un home en Pantón por disparar ao aire e ameazar os veciños
O veciño de Pantón ten 57 anos e foi posto á disposición xudicial
Carecía de licenza para ter esta clase de arma
No concello lugués de Pantón a Garda Civil detivo un home que ameazou os veciños con varios disparos de arma ao aire.
Os feitos tiveron lugar nesta parroquia de Santiago de Castillón nas inmediacións do domicilio do detido, quen presuntamente ameazou un dos seus veciños cunha arma curta e mesmo chegou a efectuar varios disparos.
A Garda Civil detivo o home, de 57 anos, que foi posto a disposición xudicial, e localizou no lugar dos feitos varios cascos de bala. Ademais, comprobou tamén que o detido carecía de licenza para ter esta clase de arma.
Os veciños da zona amósanse preocupados porque din que os problemas con este veciño e as liortas no seu domicilio son unha constante e subliñan que segue faltando a arma con que se realizaron os disparos.