Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido por roubar matrículas que usaba no seu coche para marchar sen pagar de gasolineiras

Detido por roubar matrículas que usaba no seu coche para marchar sen pagar de gasolineiras

O arrestado é un ourensán de 43 anos, que, segundo a Garda Civil, cando menos en dúas ocasións marchou sen pagar en estacións de servizo

Imaxe cedida pola Garda Civil Imaxe cedida pola Garda Civil
G24.gal 31/08/2023 10:16

Un veciño de Ourense foi detido como presunto autor de varios furtos de matrículas de coches que usaba máis tarde no seu propio vehículo para ir encher en gasolineiras das que marchaba sen pagar.

Segundo informou este xoves a Garda Civil, o arresto deste home de 43 anos tivo lugar o mércores. Impútaselle un delito continuado de furto e outro de falsificación de documento público e estafa.

O detido roubaba placas de matrículas de coches situados en aparcadoiros, entre eles, un na cidade e outro no complexo deportivo de Monterrei.

Empregaba estas matrículas para substituílas polas do seu vehículo e, polo menos en dúas ocasións, dirixirse a estacións de servizo das que marchaba sen aboar o importe do combustible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar