Detido un home en Ourense tras atrincheirarse no piso e tirar bombonas e mobles pola ventá
Detido un home en Ourense tras atrincheirarse no piso e tirar bombonas e mobles pola ventá
Recibira unha notificación para ingresar en prisión e reaccionou tirando obxectos contra o coche da policía
Un home foi detido na cidade de Ourense tras atrincheirarse na súa vivenda desde onde lanzou bombonas e diverso mobiliario á rúa desde a súa vivenda.
O home recibiu unha comunicación para ingresar en prisión e reaccionou de forma violenta lanzando os obxectos pola xanela.
Cadeiras, bombonas de butano e parte dunha vaixela foron algúns dos obxectos que tirou á rúa.
Transcorrida case unha hora, os axentes conseguiron acceder ao relanzo da escaleira e detelo.
O home foi trasladado a un centro hospitalario para ser sometido a unha revisión médica.
O detido fora condenado e contaba con antecedentes por tentativa de homicidio. Tamén lle imputan un delito de lesións e agresión.