Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un home en Poio por disparar cunha escopeta dentro dun supermercado

Detido un home en Poio por disparar cunha escopeta dentro dun supermercado

O home, de 48 anos, chegou a disparar ata en tres ocasións

Algún dos disparos atravesou varios lineais de produtos, pero non quedou ninguén ferido

G24.gal 08/12/2022 14:46 Última actualización 08/12/2022 17:11

Detido un home en Poio por disparar cunha escopeta dentro dun supermercado da Barca.

Apuntou contra o teito e os andeis do establecemento e usou a arma ata en tres ocasións.

Nese momento, varias persoas facían a súa compra no establecemento. Afortunadamente ninguén quedou ferido.

Varios traballadores tentaron acougalo para que deixase de disparar, aínda que o propio tirador aseguraba que só quería que o arrestasen.

O home, de 48 anos, pasou este xoves a disposición xudicial. Despois de declarar quedou libre, pero acusado dun delito de ameazas graves e intimidación.

Ademais, retiróuselle o permiso de armas e acordouse a incautación das que posuía.

O detido é  un veciño do poboado chabolista do Vao.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade