Cargando resultados...
Detido un home en Sevilla por acoso sexual a 25 mozas a través das redes
Detido un home en Sevilla por acoso sexual a 25 mozas a través das redes
Hai vítimas en dezaseis provincias, entre elas Pontevedra e A Coruña
G24.gal
22/04/2023 13:14
Última actualización 22/04/2023 20:53
A Policía Nacional detivo en Sevilla un home investigado por acoso sexual a 25 mozas con idades comprendidas entre os 13 e os 22 anos. As vítimas residen en 16 provincias españolas, entre elas, Pontevedra e A Coruña.
O suposto acosador facíase pasar por empresario de éxito nas redes sociais. Enganaba as mulleres prometéndolles un traballo como acompañante de eventos e unha vez que gañaba a súa confianza, esixíalles ata 100 fotos de índole sexual cada tres días.
Tras coñecérense os feitos todas as vítimas necesitaron tratamento psicolóxico e algunha delas mesmo chegou a autolesionarse. O detido quedou en liberdade con cargos despois de pasar polo xulgado.