Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un home por violencia machista tras agredir a súa parella na rúa en Padrón

Detido un home por violencia machista tras agredir a súa parella na rúa en Padrón

Os berros da muller espertaron un axente da Garda Civil fóra de servizo, que deu o aviso e acompañou a vítima a un centro médico

G24.gal 16/04/2023 10:52

A Garda Civil detivo un home, veciño de Santiago de Compostela, por un delito de violencia de xénero, despois de que un garda civil fóra de servizo vira como profería berros ameazantes e agredía a súa muller en plena rúa en Padrón (A Coruña).

Sucedeu cando o axente que estaba na casa, espertou ao escoitar unha discusión na rúa e asomouse á fiestra. Identificouse como garda civil e ordenoulle ao home que parase a súa agresión. Aínda que lle pediu que permanecese no lugar, aproveitou para marchar mentres el baixaba á rúa.

O axente auxiliou a muller ata que chegou un Policía Nacional da Comisaría de Ribeira que regresaba ao seu domicilio tras prestar servizo pola noite na localidade. Comprobaron que o estado da muller non presentaba gravidade.

Mentres a atendían, observaron que o suposto agresor estaba a uns 40 metros de distancia, polo que se dirixiron ata o lugar para proceder á súa detención e trasladalo ao posto da Garda Civil de Padrón.

Unha vez nas dependencias, o axente activou o protocolo para este tipo de delitos. O equipo Vioxén da Garda Civil de Noia desprazouse a Padrón para facerse cargo das investigacións.

Con posterioridade o garda civil que estaba fóra de servizo acompañou a vítima ao centro médico de Padrón para unha exploración médica.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade