Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un home tras apuñalar a súa parella en Valencia e fuxir a Madrid

Detido un home tras apuñalar a súa parella en Valencia e fuxir a Madrid

A muller foi trasladada a un centro hospitalario e a súa vida non corre perigo

O home, de 52 anos, ingresou en prisión despois de entregarse nunha comisaría de Leganés

 

G24.gal 23/01/2024 10:05

Un home de 52 anos ingresou en prisión por orde do xuíz despois de ferir a súa parella, na localidade valenciana da Pobla del Duc, tras asestarlle varias puñadas e fuxir posteriormente a Leganés (Madrid), onde foi detido.

Os feitos tiveron lugar na madrugada do pasado sábado, cando o home apuñalou varias veces a súa parella sentimental, de 46 anos, e posteriormente fuxiu.

A muller foi trasladada a un centro hospitalario e a súa vida non corre perigo, segundo fontes da Garda Civil.

O detido fuxiu do lugar dos feitos e o domingo entregouse nunha comisaría da Policía Nacional en Leganés, onde un xuíz decretou o seu ingreso en prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade