Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos 18 pedófilos que posuían e distribuían material de explotación sexual infantil

Detidos 18 pedófilos que posuían e distribuían material de explotación sexual infantil

Os arrestados facían uso de conexións privadas para dificultar a localización dos seus usuarios

As detencións practicáronse en 13 provincias, entre elas a da Coruña

G24.gal 31/05/2022 12:34

Axentes da Policía Nacional detiveron 18 persoas por presunta distribución e posesión de material de explotación sexual infantil a través de Internet. Os arrestados, que almacenaban e compartían o material ilícito tanto desde computadores como desde dispositivos móbiles, facían uso de conexións privadas para dificultar a localización dos seus usuarios.

Durante a operación, os axentes interviñeron 21 teléfonos móbiles, dúas tabletas, seis ordenadores, oito discos duros, seis tarxetas de memoria, 17 memorias USB e unha cámara de fotos. As detencións realizáronse nas provincias da Coruña, Alacante, Barcelona, Burgos, Cádiz, Castellón, Cidade Real, Xirona, Guipúscoa, Lanzarote, Madrid, Tarragona e Tenerife.

A investigación iniciouse en xaneiro de 2020 grazas á cooperación internacional na loita contra a explotación sexual de menores a través das TIC. Neste caso, foi a Embaixada dos Estados Unidos a que puxo en coñecemento dos axentes a detección de diversas conexións a Internet en España desde as que, presuntamente, se estaría a distribuír contido con material de pornografía infantil.

Os arrestados facían uso tanto dos seus computadores (portátiles e de sobremesa) como dos seus terminais móbiles -moitas veces sincronizados entre si-, motivo polo que os investigadores tiveron que orientar a procura sobre calquera dispositivo informático.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos