Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detidos cando roubaban material por un valor de 80.000 euros

Detidos cando roubaban material por un valor de 80.000 euros

Cortaran cable de cobre, arrincándoo das paredes e causando graves danos ás instalacións

G24.gal 06/04/2023 11:27

Axentes do equipo Roca da Garda Civil de Carballo detivo a dous veciños desta localidade como supostos autores dun delito continuado de roubo con forza, quen causara danos e subtraído material e obxectos por un valor superior aos 80.000 euros.

Os homes foron sorprendidos na allada cando se atopaban subtraendo diverso material do interior dunha nave industrial dedicada á construción situada nas inmediacións á localidade de Vimianzo.

Os feitos ocorreron por mor de varias denuncias interpostas polo propietario da nave industrial en dependencias oficiais da Garda Civil, quen manifestou que entre os meses de febreiro e marzo persoas descoñecidas, tras forzar un dos portais da nave, accederon ao interior causando grandes danos e subtraendo diversos obxectos como cable de cobre, portas de aluminio, baterías, entre outros.

A Garda Civil iniciou unha investigación para o esclarecemento destes feitos delituosos e dar co autor ou autores dos mesmos.

Nunha das inspeccións oculares da nave, os axentes chegaron á conclusión de que os delincuentes volverían en pouco tempo á nave para subtraer o resto de obxectos e cobre que quedaba.

Dentro do operativo que a Garda Civil tiña activo para o esclarecemento dos feitos, observaron como un vehículo accedía na noite á zona da instalación.

Tras solicitar apoio da Patrulla do Posto da Garda Civil de Corcubión accederon ao interior da nave, observando como novamente cortaran cable de cobre, arrincándoo das paredes e causando graves danos ás instalacións, xuntándoo en diversos montículos xunto con outros obxectos, coa intención de extraelo.

Posteriormente localizaron dous homes ocultos nunha zona de maleza que había nas proximidades da nave procedendo á súa detención como supostos autores dun delito de roubo con forza.

Os detidos naturais da localidade de Carballo e con antecedentes por outros feitos, causaran danos e subtraído obxectos por un valor superior aos 80.000 euros.

Os detidos xuntos ás dilixencias instruídas foron postos a disposición xudicial do Xulgado de Garda e Instrución de Corcubión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade