Detidos dous veciños de Lugo por estafar a condutores ao non tramitarlles o seguro
Detidos dous veciños de Lugo por estafar a condutores ao non tramitarlles o seguro
A raíz dunha denuncia, a Garda Civil investigou se era un erro ou unha práctica habitual
Os clientes pagaban a póliza, pero como os implicados non a tramitaban, eran multados por Tráfico
A operación continúa aberta e de momento xa hai unha vintena de afectados
A Garda Civil detivo en Lugo dúas persoas que cobraban seguros de coches e motos, pero que logo non tramitaban.
Un condutor que foi sancionado por carecer do seguro obrigatorio presentou denuncia na Comandancia da Garda Civil. Os axentes investigaron se se trataba dun erro ou unha práctica habitual.
Os agora detidos nunca daban de alta os seguros ou, se o facían, eran por tempo moi escaso e cunha aseguradora en Romanía coa que era moi difícil contactar. Os afectados coñeceron esta práctica logo de ser multados.
Ao pedirlles unha explicación, os presuntos autores da fraude ofrecéronse a abonar a sanción. A operación continúa aberta e xa hai polo menos unha vintena de afectados en Galicia e nas Canarias.