Desartellada unha banda con servizo de 'teledroga' e gastos de envío en Andalucía
Desartellada unha banda con servizo de 'teledroga' e gastos de envío en Andalucía
A organización estaba especializada na venda de heroína e cocaína
A Garda Civil detivo 23 persoas que pasaron a disposición xudicial
A Garda Civil desartellou unha banda dedicada á venda de heroína e cocaína en diversas localidades andaluzas. Tiñan organizado un sistema de 'teledroga', polo que lle cobraban os gastos de envío á clientela. Foron detidas 23 persoas.
Os dirixentes da organización preparaban as doses coa droga. Estaban especializados na elaboración de rebujito, unha mestura de heroína e cocaína, e tamén vendían a coñecida coma cocaína rosa.
Os pedidos recibíanos por teléfono e logo repercutíanlle o custo da distribución á persoa que compraba. Contaban con varios vixilantes.
A Garda Civil realizou varios rexistros. Tamén requisaron cartos e armas. Xa pasaron a disposición xudicial os 23 membros da banda.
Hai cinco meses xa se detectara outra rede de distribución de 'teledroga' en Andalucía.