Cargando resultados...
Detidos os pais dunha bebé dun mes con queimaduras no 30 % do corpo
Detidos os pais dunha bebé dun mes con queimaduras no 30 % do corpo
Está ingresada no hospital de Málaga en estado grave
A pequena tiña tamén marcas de dentes
G24.gal
31/10/2022 20:09
En Málaga, detiveron os pais dunha bebé dun mes que ingresou grave no hospital con queimaduras no 30 % do corpo e marcas de dentes.
Segundo a policía, as feridas son compatibles con que a bañaran en auga moi quente. O bebé presentaba tamén mancaduras anteriores ás queimaduras.
Os doutores, cando viron as lesións da nena, activaron o protocolo de maltrato infantil.