Publicador de contidos
Publicador de contidos

Día grande da Virxe dos Milagres no santuario de Baños de Molgas

Día grande da Virxe dos Milagres no santuario de Baños de Molgas

A noite pasada celebrouse o rosario dos Fachos

G24.gal 08/09/2023 14:51

Hoxe no día grande da Virxe moitos son os que se achegan ata aquí para cumprir coa tradición.

Veñen, din, chamados pola devoción que lle teñen á Virxe, para agradecerlle os seus favores. 

Nin a chuvia nin a calor son motivo para que os fregueses non acompañen a Virxe estes días. Tamén a pasada noite no rosario dos fachos. Din que á Virxe dos Milagres nunca se lle molla o manto.

Aquí, din, todos teñen cabida. E o xeito de chegar ata aquí depende de cada quen.

"Estivemos recibindo xente que veu camiñando dende Xinzo de Limia, dende Verín, dende Ourense, e non só hoxe senón o longo de todo o verán, especialmente a finais de agosto e principios de setembro", apunta José Manuel Villar, reitor do Santuario dos Milagres. 

As misas seguen hoxe durante todo o día, mentres nos exteriores do recinto a romaría ábrelles as portas a todos os visitantes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade