Día Mundial da Síndrome de Down, unha xornada para crear conciencia
Día Mundial da Síndrome de Down, unha xornada para crear conciencia
Cada 21 de marzo celébrase a Día Mundial da Síndrome de Down co obxectivo de crear conciencia dentro da sociedade sobre o valor das persoas con esta discapacidade.
Co lema #GraciasPorTanto este ano Down España quere agradecer e recoñecer todas as persoas que axudan a facer máis fácil a vida das persoas con discapacidade
Cada luns 21 de marzo é o Día Mundial da Síndrome de Down. O principal obxectivo desta celebración é crear conciencia dentro da sociedade do valor que teñen estas persoas e reivindicar os seus dereitos e independencia. Este ano ademais cúmprense 30 anos de Down España. Toca agradecer ás miles de persoas que axudan a cumprir ese obxectivo.
A campaña deste ano está centrada en dar as grazas ás persoas anónimas que se comprometen, reivindican e traballan pola igualdade dos dereitos e oportunidades das persoas con discapacidade. As persoas que o fan o 21 de marzo, Día Mundial da Síndrome de Down, e todos os días.
Hai múltiples exemplos de superación, formación e independecia. Na Coruña o Quiosco Down Experience duplica o seu cadro de persoas con persoas con discapacidade. Todos traballan en igualdade de condicións e sacan adiante un bar onde o bocata de luras é toda unha tradición.
A síndrome de Down é a principal causa de discapacidade intelectual no mundo e a alteración xenética humana máis común. Por iso a inclusión non é estar na comunidade, senón formar parte dela. Inclusión desde a educación.
Conséguese coa axuda de todos e, en boa medida, grazasa ao traballo das asociacións e de xente que toma conciencia desde diferentes eidos. A dramaturga galega Esther Carrodeguas acaba de estrear no Centro Dramático Nacional 'Supernormais', unha peza protagonizada por 5 actores con discapacidade e 5 sen ela, con moita reivindicación e máis conciencia.
É un paso máis no camiño dun futuro pola inclusión e a igualdade. O futuro que nos acaba de deixar un Goya con sabor galego e cunha protagonista con Síndrome de Down chamada Valentina.